O pasado 4 de maio a proposta da profesora da
materia de ciencias sociais aproveitamos para realizar unha visita ao Centro de
Interpretación Ambiental de Compostela (CIAC), pareceunos unha actividade
de grande interese que permitiu comprender un pouco mellor a cidade. Presenta
un modelo de desenvolvemento urbano sostible partindo do seu medio natural
e da necesidade da súa preservación cara ás vindeiras xeracións.
Compostela
é unha vila na que se produce e consome enerxía, auga e materias primas, onde
conviven diferentes ideas, opinións, culturas; e como tal precisan relacionarse
entre si e co medio que os rodea. Podemos observar, a través dos contidos
abordados nos diferentes espazos, os distintos fluxos de entrada de enerxía,
auga e subministracións básicas; os procesos de transformación e uso, e os
residuos xerados neles.
CIAC - Centro
de Interpretación Ambiental de Compostela -
Aproveitamos
esta entrada para destacar que como futuros docentes na etapa de educación
primaria esta visita sería de grande interese e destacamos que a través das visitas e saídas fóra da aula proporcionaráselle
ao alumnado un contacto directo coa realidade, poderá recibir a información a
través doutras canles, de forma activa e amena o que facilitará o proceso de e-a.
Entendemos que os/as alumnos/as recibirán a información de maneira activa, participativa e significativa. Grazas a estas sesións facilítase a integración das aprendizaxes en relación cos contidos debido ao uso de distintas situacións e contextos.


