martes, 26 de abril de 2016

A desigualde no mundo: Análise dunha nova.

A nova que analizamos está extraída do diario dixital Diagonal. O titular é o seguinte: Tragedia en el Mediterráneo: naufragan 4 barcos con 400 migrantes. A nova relata o naufraxio de 4 barcos preto da costa italiana, mais concretamente da Illa de Lampedusa, co resultado de entre 300 e 400 víctimas, dependendo da fonte. 

As fontes que emprega a nova son: El Corriere de la Sera, xornal italiano, a BBC árabe, a Organización Mundial das Migracións e ACNUR.

Escollemos esta nova debido á súa relación directa co tema da desigualdade. Os procesos migratorios son resultado de distintos fenómenos socio-políticos e económicos, como a busca dunha vida mellor. A necesidade de emigrar é resultado, en gran medida da pobreza, que acarrexa unhas condicións de vida pésimas, o que conleva á existencia dunha forte desigualdade.


Este tipo de contidos non aparecen no currículo de Primaria de forma explícita, polo que como futuros docentes temos a obriga de abordalos na aula, tendo en conta a transversalidade dos mesmos podemos tratalos desde diferentes materias: CC.SS, Ciencias da Natureza, Lingua Galega, Lingua Castelán, etc.

Fonte: Organización Mundial das Migracións




6 comentarios:

  1. Que importante é achegar a realidade as nosas aulas, incluídas as realidades máis duras como esta, o que temos que ter moi claro é a adaptación destas novas ás idades das nosas alumnas e alumnos. Persoalmente considero moi acertado o plantexamento transversal destes temas.

    ResponderEliminar
    Respostas
    1. Certo é que debemos introducir a sociedade da man destes temas nas aulas. Pero tendo en conta o nivel madurativo e características do alumnado co que imos traballar para posteriormente seleccionar aqueles temas máis axeitados á súa madurez e intereses

      Eliminar
  2. Moi acertada esta noticia para introducir os temas transversais que o alumnado debe traballar, e como dicides, non se recollen no currículo. A partir de noticias coma esta, ademais de explicar o que vos comentades sobre os procesos migratorios, se podería traballar a nosa experiencia como migrantes, moi importante na nosa historia recente, sobre todo para nós os/as galegos/as. Facerlle ver ao alumnado as cuestións que fan que a xente se vexa obrigada a buscar unha vida mellor noutro país, deixando atrás todo o que ten, tratando de fomentar a empatía e evitar a formación de prexuízos e fobias que actualmente aínda existen no país.

    Moi interesante o voso blog, seguide así.

    Un saúdo dende http://omundoqueterodea.blogspot.com.es/

    ResponderEliminar
    Respostas
    1. Agradecemos a vosa achega; estamos de acordo con vos cando falades do non tan afastado pasado migratorio do pobo galego e con facerlle chegar ao alumnado as causas polas que a xente vese obrigada a deixar atrás toda unha vida. Posiblemente todos terán algún familiar ou coñecido relativamente cercano que llo podería explicar.

      Eliminar
  3. Esta noticia de rigurosa actualidade, non deixa de ser unha realidade á que non podemos mirar para outro lado e quedar de brazos cruzados. Como docentes debemos buscar alternativas para traballalas nas aulas, adaptadas evidentemente as diferentes idades do noso alumnado. Estaría ben desenvolver esta temática non como un fracaso das políticas europeas, senón como un fluxo migratorio e as consecuencias que isto conleva. Nesta liña, seguro que moitos dos educandos coñecen casos de veciños ou familiares que tiveron que emigrar hai un par de décadas (ou máis recentemente) a países de América Latina, ou de Europa como Suiza ou Alemaña. Con isto podemos desenvolver actividades como debates ou unha posta en común de que supón para esas persoas deixar todo atrás, cales son as diferentes causas que os levan a partir ou como os reciben no pais ó que van. Estas tarefas están encamiñadas a que o alumnado tome conciencia do que significa a emigración, inmigración, conflitos relacionados e sobre todo que se poñan na pel das persoas que teñen que abandonar o seu fogar polas guerras.
    Un saúdo.
    Recomendámosvos botarlle un ollo ó noso blogue http://tenansia.blogspot.com.es

    ResponderEliminar
    Respostas
    1. En primeiro lugar, darvos as grazas polo comentario; compartimos o que sinalades ao respecto do noso pasado migratorio e así o facemos ver na resposta do noso blog a achega realizada polos nosos compañeiros http://omundoqueterodea.blogspot.com.es/. Un saúdo

      Eliminar