O pasado 4 de maio a proposta da profesora da
materia de ciencias sociais aproveitamos para realizar unha visita ao Centro de
Interpretación Ambiental de Compostela (CIAC), pareceunos unha actividade
de grande interese que permitiu comprender un pouco mellor a cidade. Presenta
un modelo de desenvolvemento urbano sostible partindo do seu medio natural
e da necesidade da súa preservación cara ás vindeiras xeracións.
Compostela
é unha vila na que se produce e consome enerxía, auga e materias primas, onde
conviven diferentes ideas, opinións, culturas; e como tal precisan relacionarse
entre si e co medio que os rodea. Podemos observar, a través dos contidos
abordados nos diferentes espazos, os distintos fluxos de entrada de enerxía,
auga e subministracións básicas; os procesos de transformación e uso, e os
residuos xerados neles.
CIAC - Centro
de Interpretación Ambiental de Compostela -
Aproveitamos
esta entrada para destacar que como futuros docentes na etapa de educación
primaria esta visita sería de grande interese e destacamos que a través das visitas e saídas fóra da aula proporcionaráselle
ao alumnado un contacto directo coa realidade, poderá recibir a información a
través doutras canles, de forma activa e amena o que facilitará o proceso de e-a.
Entendemos que os/as alumnos/as recibirán a información de maneira activa, participativa e significativa. Grazas a estas sesións facilítase a integración das aprendizaxes en relación cos contidos debido ao uso de distintas situacións e contextos.
Coas visitas e
saídas fóra da aula traballamos a convivencia e vannos permitir que o noso
alumando se adapte e integre no grupo, facilitando unha educación en valores,
baseada no respecto das opinións e quendas dos demais así como o respecto aos
espazos que esteamos compartindo, interaccionando coa contorna: natural, social
ou cultural. Fomentamos deste xeito, unha aprendizaxe rica en estímulos, que
permitirá entender a realidade a partir da observación e da análise mediante
unha visión crítica. Inculcamos a curiosidade e o interese por coñecer, así coma
a creatividade.
Para que estas
actividades teñan un bo resultado debemos ter en conta que antes das saídas deberemos realizar unha aproximación sobre o tema
a traballar e trasladar ao alumnado o obxectivo das mesmas.
Faremos unha posta en común para ver os coñecementos previos e desenvolveranse
unha serie de actividades a modo introdutorio. Teremos presentes, se fose
necesario, outros tipos de aspectos como normas de seguridade e información aos
pais: roupa, horarios, etc. Será relevante
levar a cabo unha aproximación coa organización/entidade na que imos
realizar a saída para coordinar e tratar os aspectos que se precisen.
Durante as saídas teremos en conta a
organización do grupo, atenderemos e facilitaremos os equipos de traballo.
Colaboraremos cos profesionais das entidades no desenvolvemento das actividades
que se realicen; planificaremos distintos momentos de exploración, observación e rexistro das cousas que se estimen de interese.
Despois da saída faremos un traballo de
revisión e análise dos contidos expostos e aproveitaremos para sacar as
distintas conclusións obtidas sobre todo o tratado. Se dispoñemos de tempo, e o
entendemos axeitado, poderemos deseñar unha serie de actividades
complementarias a modo de peche.


Os membros do grupo de "ao teu redor" pensamos que a vosa proposta resulta moi interesante, se temos como obxectivo dirixir a mesma a futuros discentes.
ResponderEliminarO feito de contar cun centro destas características na contorna da nosa cidade proporciona un gran número de oportunidades de cara a ofrecer ao alumnado as ferramentas que precisan para facer deste un mundo mellor, promovendo a sustentabilidade e o coidado do medio anbiente como elementos imprescindibles.
Bo traballo!
aoteuredor.blogspot.es
Moitas grazas polo voso comentario, estamos de acordo co que dicides.
EliminarUn saúdo
diariodesociais.blogspot.com.es