Entendemos que son un recurso de grande
interese para poder acompañar á práctica docente, pero formulamos unha serie de
cuestións para o seu análise:
Cales?,
Como?, Para que?, Que?, Como?,
Cando?
En primeiro lugar facemos unha análise no
apartado legal, xa que non se poderá empregar calquera imaxe nas nosas aulas,
xa que existe unha normativa que o regula e que debemos ter en conta (o
descoñecemento da mesma non exime de responsabilidade); existen os denominados
dereitos de autor, polo que será preciso empregar imaxes nas que os seus
autores ou propietarios cedesen eses dereitos. Por elo para facilitar este
proceso debemos ter presente que existen
bancos de imaxes de carácter
gratuíto que poderanse empregar e que cumpren coa normativa vixente; si
quixeramos acceder a imaxes con unha boa resolución "libres"
poderemos empregar, entre outros: (SXC,
Creative
Commons, Morquefile,
CNICE,
Pixabai, Freepik, PD Photo)
De todos os xeitos, deberemos estar sempre atentos ás licenzas específicas que cada páxina web especifique. Teremos en conta outros recursos coma documentais, vídeos, novas de prensa, datos dos organismos internacionais, organizacións non gubernamentais (Amnistía Internacional, ACNUR, etc) entre outros.
Unha vez que teñamos realizado o traballo previo
de selección de imaxes: coloridas, por contraste, por oposición, rechamantes...,
que permitan traballar os contidos que levemos as nosas aulas de primaria coma
por exemplo: globalización, sociedade de consumo, economía, distribución da
poboación, dereitos sociais, medio ambiente, historia, etc; deberemos facer preguntas que inviten á
reflexión en grupo.
Estableceremos un nexo co tema que estamos tratando. Permitindo que coñezamos
as concepcións previas do alumnado e propiciaremos maior participación.
O debate na aula está aberto a todas as
ideas, ningún alumno/a será discriminado por opinar, non existen verdades
absolutas a do mestre/a tampouco o é. Todas as ideas son
mudables e as opinións dos nosos alumnos/as non teñen que coincidir coas nosas.
Os alumnos/as deben ser competentes para argumentar as súas ideas. As ideas
teñen que estar ben estruturadas e deberán ser defendibles nun debate.
Como mestres/as podemos incitar ou pechar o
debate con novas argumentacións, estas ideas poden coincidir, ou non, co noso
pensamento. Como futuros docentes poderemos facer ideoloxía na aula, pero nunca
adoutrinar.
Ante o debate suscitado de actualidade didáctica da conveniencia de
presentar como futuros docentes ao noso alumnado unha metodoloxía baseada na
secuenciación e estruturación de contidos seguindo un modelo que parta do máis próximo ao máis afastado
-construtivismo- ou polo contrario partir do máis afastado para chegar ao máis
próximo entendemos que o máis axeitado sería combinar as dúas maneiras de
traballar co currículo, sería mais enriquecedor para o alumando,
facilitando o proceso e-a baseado no coñecemento social propiciando a educación
en valores, a diversidade cultural o
coñecemento doutras formas de vida, contribuíndo a maior tolerancia e
erradicando estereotipos; de maneira crítica e reflexiva na procura dun
alumnado cun pensamento diverxente.
De igual manera, las más recientes teorías del aprendizaje refuerzan la importancia de no trabajar en edades tempranas sólo la realidad cercana, sino también las realidades lejanas. El constructivismo avala esto, al afirmar que se debe partir de lo que el alumno conoce y constituye su campo de interés; en este sentido, parece evidente que mucha de la información que el niño posee proviene no sólo del medio próximo, sino también de lugares alejados, que actualmente se presentan para los escolares como importantes focos de atracción e interés.
NADAL, I. Lo cercano y lo lejano como
criterio de ordenación de los contenidos del currículo de las ciencias
sociales. Iber [versión electrónica],
Revista Íber, nº32, abril-mayo-junio
2002. [Fecha de consulta: 22 abril 2016] Disponible en:
<http://iber.grao.com/revistas/iber/032-las-escalas-geograficas/lo-cercano-y-lo-lejano-como-criterio-de-ordenacion-de-los-contenidos-del-curriculo-de-ciencias-sociales>

MOI OPORTUNA A ENTRADA POSTO QUE ESTABA BUSCANDO IMAXES PARA TRABALLAR NA CLASE. GRAZAS POLA APORTACIÓN DOS ENLACES PARA IMAXES LIBRES E POLO ENLACE AO ARTIGO DE NADAL QUE, PERSOALMENTE, ME FIXO REFLEXIONAR MOITO. UN SAÚDO
ResponderEliminarResúltanos gratificante saber que a nosa entrada foi de utilidade, danos pe a seguir traballando neste blog.
EliminarGrazas
Un saúdo
diariodesociais.blogspot.com.es
Boas! Somos os integrantes do blog cornamusal e parécenos moi interesante a entrada. Cremos necesario valorar as imaxes no marco legal pero tamén na percepción que adquire o alumnado de educación primaria, sabemos moi ben que son un tanto influenciables e sobre todo cos medios impresos. Realmente son inconscientes e créase unha serie de estereotipos como mencionades na entrada e certamente é un problema. Por exemplo: a escola está acostumada a empregar moito os libros de texto e se os analizamos en profundidade podemos ver que o tratamento das imaxes co texto inducen a unha diferenciación do traballo en función de sexos.
ResponderEliminarRecomendámosvos pasar polo noso blog, para aportarvos máis ideas: http://cornamusal.blogspot.com.es/
En primeiro lugar temos que agradecervos o voso comentario, e logo dicir que coincidimos con vos en canto ao tratamento das imaxes nos libros de texto, é algo que como futuros docentes deberemos ter presente. Aceptamos a vosa recomendación, e visitaremos o voso blog.
EliminarUn saúdo
diariodesociais.blogspot.com.es