sábado, 30 de abril de 2016

As imaxes, como empregalas nas aulas de primaria

Partindo da clase interactiva do cinco de abril do presente ano, o noso grupo de traballo entende axeitado facer unha análise do tratado na mesma, neste caso relacionado coas imaxes e a maneira de utilizalas como recurso nas aulas de primaria.
Entendemos que son un recurso de grande interese para poder acompañar á práctica docente, pero formulamos unha serie de cuestións para o seu análise:

 Cales?,  Como?, Para que?, Que?,  Como?, Cando? 

En primeiro lugar facemos unha análise no apartado legal, xa que non se poderá empregar calquera imaxe nas nosas aulas, xa que existe unha normativa que o regula e que debemos ter en conta (o descoñecemento da mesma non exime de responsabilidade); existen os denominados dereitos de autor, polo que será preciso empregar imaxes nas que os seus autores ou propietarios cedesen eses dereitos. Por elo para facilitar este proceso debemos ter presente que existen bancos de imaxes de carácter gratuíto que poderanse empregar e que cumpren coa normativa vixente; si quixeramos acceder a imaxes con unha boa resolución "libres" poderemos empregar, entre outros: (SXC, Creative Commons, Morquefile, CNICE, Pixabai, Freepik, PD Photo


De todos os xeitos, deberemos estar sempre atentos ás licenzas específicas que cada páxina web especifique. Teremos en conta outros recursos coma documentais, vídeos, novas de prensa, datos dos organismos internacionais, organizacións non gubernamentais (Amnistía Internacional, ACNUR, etc) entre outros.

Unha vez que teñamos realizado o traballo previo de selección de imaxes: coloridas, por contraste, por oposición, rechamantes..., que permitan traballar os contidos que levemos as nosas aulas de primaria coma por exemplo: globalización, sociedade de consumo, economía, distribución da poboación, dereitos sociais, medio ambiente, historia, etc; deberemos facer preguntas que inviten á reflexión en grupo. Estableceremos un nexo co tema que estamos tratando. Permitindo que coñezamos as concepcións previas do alumnado e propiciaremos maior participación.

O debate na aula está aberto a todas as ideas, ningún alumno/a será discriminado por opinar, non existen verdades absolutas a do mestre/a tampouco o é. Todas as ideas son mudables e as opinións dos nosos alumnos/as non teñen que coincidir coas nosas. Os alumnos/as deben ser competentes para argumentar as súas ideas. As ideas teñen que estar ben estruturadas e deberán ser defendibles nun debate.

Como mestres/as podemos incitar ou pechar o debate con novas argumentacións, estas ideas poden coincidir, ou non, co noso pensamento. Como futuros docentes poderemos facer ideoloxía na aula, pero nunca adoutrinar.

Ante o debate suscitado de actualidade didáctica da conveniencia de presentar como futuros docentes ao noso alumnado unha metodoloxía baseada na secuenciación e estruturación de contidos seguindo un modelo que parta do máis próximo ao máis afastado -construtivismo- ou polo contrario partir do máis afastado para chegar ao máis próximo entendemos que o máis axeitado sería combinar as dúas maneiras de traballar co currículo, sería mais enriquecedor para o alumando, facilitando o proceso e-a baseado no coñecemento social propiciando a educación en valores, a  diversidade cultural o coñecemento doutras formas de vida, contribuíndo a maior tolerancia e erradicando estereotipos; de maneira crítica e reflexiva na procura dun alumnado cun pensamento diverxente.
 

De igual manera, las más recientes teorías del aprendizaje refuerzan la importancia de no trabajar en edades tempranas sólo la realidad cercana, sino también las realidades lejanas. El constructivismo avala esto, al afirmar que se debe partir de lo que el alumno conoce y constituye su campo de interés; en este sentido, parece evidente que mucha de la información que el niño posee proviene no sólo del medio próximo, sino también de lugares alejados, que actualmente se presentan para los escolares como importantes focos de atracción e interés.



NADAL, I. Lo cercano y lo lejano como criterio de ordenación de los contenidos del currículo de las ciencias sociales. Iber [versión electrónica], Revista Íber, nº32, abril-mayo-junio 2002. [Fecha de consulta: 22 abril 2016] Disponible en: <http://iber.grao.com/revistas/iber/032-las-escalas-geograficas/lo-cercano-y-lo-lejano-como-criterio-de-ordenacion-de-los-contenidos-del-curriculo-de-ciencias-sociales>

4 comentarios:

  1. MOI OPORTUNA A ENTRADA POSTO QUE ESTABA BUSCANDO IMAXES PARA TRABALLAR NA CLASE. GRAZAS POLA APORTACIÓN DOS ENLACES PARA IMAXES LIBRES E POLO ENLACE AO ARTIGO DE NADAL QUE, PERSOALMENTE, ME FIXO REFLEXIONAR MOITO. UN SAÚDO

    ResponderEliminar
    Respostas
    1. Resúltanos gratificante saber que a nosa entrada foi de utilidade, danos pe a seguir traballando neste blog.
      Grazas

      Un saúdo
      diariodesociais.blogspot.com.es

      Eliminar
  2. Boas! Somos os integrantes do blog cornamusal e parécenos moi interesante a entrada. Cremos necesario valorar as imaxes no marco legal pero tamén na percepción que adquire o alumnado de educación primaria, sabemos moi ben que son un tanto influenciables e sobre todo cos medios impresos. Realmente son inconscientes e créase unha serie de estereotipos como mencionades na entrada e certamente é un problema. Por exemplo: a escola está acostumada a empregar moito os libros de texto e se os analizamos en profundidade podemos ver que o tratamento das imaxes co texto inducen a unha diferenciación do traballo en función de sexos.

    Recomendámosvos pasar polo noso blog, para aportarvos máis ideas: http://cornamusal.blogspot.com.es/

    ResponderEliminar
    Respostas
    1. En primeiro lugar temos que agradecervos o voso comentario, e logo dicir que coincidimos con vos en canto ao tratamento das imaxes nos libros de texto, é algo que como futuros docentes deberemos ter presente. Aceptamos a vosa recomendación, e visitaremos o voso blog.

      Un saúdo
      diariodesociais.blogspot.com.es

      Eliminar